nunú
nunú
Nome científico:
[Asphodelus albus, Fam das liliáceas]
s
m
[PLANTA]
Planta herbácea perenne, que presenta escapo de ata 1 m de altura, follas basais lineares, flores de cor branca dispostas en acios densos con brácteas florais escuras, 6 tépalos e 6 estames de filamento ensanchado na base, e froito en cápsula de ata 15 mm. En Galicia atópanse en terreos degradados, prados e claros de bosques.