Nuoro
Nuoro
Capital da provincia italiana homónima, na illa de Sardeña, Italia (36.281 h [2001]). Está situada no centro-leste da illa, ao pé do monte Ortobene. De orixe prerromana, na Alta Idade Media foi residencia dos bispos de Ottana e substituíu a esta cidade tamén en importancia comercial. Do seu patrimonio destacan os monumentos nuráxicos.