Núñez
Núñez
-
[ONOM]
Apelido patronímico que deriva do nome propio Nuño e que se estendeu por toda a Península e América.
-
[HIST/HERÁLD]
Liñaxe que trae como armas, en campo de goles, unha banda de prata, acompañada en alto por un león, de ouro, e en baixo dun tau de San Antón, de azul.