nacional
nacional
(< nación)
-
adx
Relativo ou pertencente á nación. O seu sentido primeiro e pleno corresponde ao concepto xenuíno de nación; pero, como consecuencia da identificación entre nación e estado, o termo equivale a estatal ou a orixinario ou suxeito dun estado, polo que se opón a estranxeiro e tamén a internacional, ou ben é o determinante de símbolos ou de cuestións estatais.
-
adx
[PALEOG]
Aplícase ás escrituras merovinxia, visigótica, beneventana e insular (irlandesa e anglosaxoa).
-
adx e s
[HIST]
Que ou quen apoiaba ou era partidario do xeneral F. Franco durante o desenvolvemento da Guerra Civil Española.