Nacionalidad, La

Nacionalidad, La

Semanario que se publicou en Ourense a partir de 1870. Subtitulado “Periódico católico-monárquico”, foi fundado por Celedonio Osorio, Venancio Moreno e Urbano Ferreiroa. Incluíu notas informativas breves e artigos de opinión sobre a orixe dividida do poder, a monarquía e a necesidade de que a Igrexa participara na política. Pola súa tendencia carlista e defensora dos intereses eclesiásticos, mantivo fortes polémicas co semanario El Eco del Liceo, de carácter liberal.