NAFO

NAFO

Organismo internacional que se encarga da organización das pesqueiras do Atlántico Norte. Foi creado en 1979 e reemplazou á ICNAF (International Commission of the Northwest Atlantic Fisheries), que fora fundada en 1949. Está formado por dezaseis países, ademais da UE, e a área regulatoria inclúe as costas de 4 estados do NO do Atlántico. A comisión pesqueira da NAFO decide anualmente todas as medidas necesarias para o manexo da pesca na área regulada para asegurar o sostemento dos recursos viventes. Ademais existe un comisión científica que forma parte da NAFO e que colabora neste labor, achegando estudos e datos estatísticos sobre as pesqueiras, así como que factores do medio ou ecolóxicos poden afectar ás mesmas.

Palabras veciñas

naebisocios | Nafarroa | Näfels | NAFO | Nafonso, ponte | nafra | nafrada