Nagy, Imre

Nagy, Imre

Político húngaro. Foi ministro de Agricultura en 1945, defendeu a reforma agraria socialista ante o modelo soviético de colectivizacións, e foi ministro do Interior (1945-1946) e de Alimentación (1950-1952). Elixido presidente da Országgyũlés (Asemblea Nacional) en 1948, e cando era primeiro ministro (1953), denunciou o stalinismo, pero foi destituído (1955). Ao se producir a insurreción de outubro de 1956, volveu ao poder e formou un goberno de coalición. Despois da intervención soviética, foi detido e executado.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Kaposvár

  • Deceso

    Lugar : Budapest