náhuatl

náhuatl

(

s m [LING]

Dialecto da lingua nahua, denominado tamén azteca clásico, que se falaba no val de México cando a coroa hispánica conquistou o país, e que se conserva nalgúns grupos indíxenas dos estados de México, Morelos, Guerrero, Puebla, Ilaxcala e Veracruz. Foi o vehículo dunha literatura rica e orixinal, cun gran refinamento formal e estilístico, que foi destruída polos conquistadores. Algúns textos foron salvados e recollidos en manuscritos dos ss XVI e XVII, como os Anais da nación mexicana (1528), o Códice de Quauhtitlan (1588), as compilacións (1520-1590) de   Bernardino de Sahagún, sobre todo as contidas na súa Historia general de las cosas de Nueva España, en que se recollen cantos épico-lendarios, himnos ás divindades ou composicións líricas e elexíacas (como as atribuídas ao rei de Texcoco, Netzahualcóyotl). A prosa estaba reservada á narración histórica, en que se describe a evolución precolombina (códices Boturini, Ramírez, ou Misantla, que relata o desembarco dos casteláns).

Palabras veciñas

Nahda | Nahouri | nahua | náhuatl | Nahuel Huapí | Nahum | nai