nai

nai

(< lat matre)

  1. s f

    Muller ou femia que tivo un ou varios fillos.

    Ex: É nai de dous fillos.

    Sinónimos: mai. Confrontacións: madre, mamá.
  2. s f

    Muller que dispensa coidados maternais.

    Ex: Foi unha segunda nai para ela.

    Sinónimos: mai.
  3. s f

    Causa ou orixe de algo.

    Ex: A súa actitude foi a nai de todos os conflitos. Polo microscopio podíase ver unha célula nai.

    Sinónimos: mai.
  4. s f

    Nome que reciben certas abstraccións básicas para a existencia humana.

    Ex: Moitas tribos adoraban a nai natureza.

    Sinónimos: mai.

Refráns

  • Os couces das eguas non fan dano aos poldros.

Palabras veciñas

náhuatl | Nahuel Huapí | Nahum | nai | naiadáceo -a | naiadal | náiade