Naipaul, Vidiadhur Surajprasad

Naipaul, Vidiadhur Surajprasad

Novelista e ensaísta. A súa obra inclúe temas moi diferentes, que van desde o derrubamento dos grandes imperios ata a enaxenación que sofre o individuo, pasando polo pesimismo que lle provoca a situación dos países pobres. Da súa obra destacan The Mystic Masseur (1957), que ocupou un lugar destacado dentro da literatura inglesa, A House for Mr. Biswas (1961), The Loss of El Dorado (1969), Guerrillas (1975), A Bend in the River (1979), India: A Million Mutinies Now (1990) e Half a Life (2001). Recibiu o Premio Nobel de Literatura (2001).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Chaguanas, Trinidad e Tobago