Nalón
Nalón
Río de Asturias, que nace no porto de Tarna a 1.149 m de altitude. Pasa por Pola de Laviana e a conca mineira de Langreo, recibe pola esquerda o río Caudal e, despois de unirse co Narcea, pasa por Pravia e desemboca no Mar Cantábrico onde forma a ría do Nalón, tras un percorrido de 153 km.