nao
nao
(
-
s
f
[MAR]
Barco, dunha cuberta ou máis e con diferentes capacidades e número de tripulantes, xeralmente de tres paus, de casco moi alto, con castelo de proa, aparello redondo no mastro de trinquete e no grande e aparello latino no mastro de gata, con pau de xiba e, eventualmente, con gabia no pau grande, que se utilizou desde o s XII ata o s XVI. As naos máis antigas eran de moita manga, e primitivamente tiñan un só pau no medio, cunha vela cuadrangular e con castelos de proa e de popa. Chegaron e ter dous mastros, tres e finalmente catro.
-
s
f
[MAR]
Embarcación con cuberta e sen remos.