Navarro Baldeweg, Juan
Pintor e arquitecto. Formado en Cambridge, foi catedrático de Proyectos Arquitectónicos na Escuela de Arquitectura de Madrid. Iniciouse dentro da corrente de arte conceptual e posteriormente interesouse pola pintura. A súa obra caracterizouse pola pureza e a sinxeleza. Das súas obras destacan Casa de la lluvia (Santander, 1978-1982), o Centro de Servicios Sociales e a Biblioteca Pública Pedro Salinas en Puerta de Toledo (Madrid, 1986-1988), o Palacio de Congresos de Salamanca (1985), os proxectos das consellarías da Junta de Extremadura en Mérida (1992-1995) e o edificio dos xulgados de Maón (1993-1995). Realizou as instalacións de La casa Duchamp (1975) e o proxecto do Museo Nacional y Centro de Investigación Altamira en Santillana del Mar. En 1990 obtivo o Premio Nacional de Artes Plásticas.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Santander