Navarro Tomás, Tomás

Navarro Tomás, Tomás

Filólogo. Licenciouse en Filosofía e Letras na Universidad de Madrid. Foi discípulo de R. Menéndez Pidal, con quen fundou a Revista de Filología Española, e profesor das universidades de Syracuse e Columbia. Realizou importantes estudos de fonética e dialectoloxía, ademais de traballos sobre crítica literaria. Dirixiu o Atlas Lingüístico de la Península Ibérica, do que se publicou o primeiro volume en 1962. Das súas obras destaca Manual de pronunciación española (1918), co que se asentaron as bases da fonética castelá; El acento castellano (1935), Estudios de fonología española (1946), El español de Puerto Rico (1948), sobre aspectos dialectolóxicos; Manual de entonación española (1948), en que aparece o sistema de inflexións melódicas do castelán; Métrica española: reseña histórica y descriptiva (1956), Documentación lingüística del Alto Aragón (1957) e Arte del verso (1959), en que se amosan cuestións sobre versificación. Editou as obras de Garcilaso de la Vega (1911) e Las Moradas de santa Tareixa de Xesús (1933). Foi elixido membro da Real Academia Española (1935).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : La Roda, Albacete

  • Deceso

    Lugar : Northampton, Massachusetts