Nazaret
Nazaret
Cidade de Palestina, no Estado de Israel, situado ao SO do lago de Xenesaret (49.800 h [estim 1991]). A tradición situou aquí a Anunciación á Virxe María e a infancia de Xesús, tamén chamado o Nazareno ou de Nazaret.