N’Djamena
N’Djamena
Capital de Chad e da prefectura de Chari-Baguirmi (530.965 h [1993]). Está situada na beira dereita do Chari, no punto de confluencia co Logone, nunha rexión de cultivos de algodón, trigo e millo. Posúe industria da confección, unha central eléctrica e produción de aceite vexetal. Ata 1973 denominouse Fort Lamy.