Ndola
Ndola
Capital da provincia de Copperbelt, Zambia, no sector fronteirizo coa República Democrática do Congo (376.311 h [1990]). É unha cidade industrial que posúe instalacións para a refinación electrolítica de cobre, refinaría de azucre e fábrica de pneumáticos. Ten a terminal do oleoduto que provén de Dar es Salaam, en Tanzania.