Neeson, Liam
Neeson, Liam
Actor cinematográfico irlandés. Formado no Lyric Players Theatre de Belfast, iniciou a súa andaina na gran pantalla no filme Excalibur (1981), pero non foi ata o papel protagonista de Schindler s List (1993) cando destacou e co que foi nominado ao Oscar. Da súa filmografía tamén cómpre salientar The Bounty (1984), The Big Man (1990), Michael Collins (1997), pola que obtivo o Evening Standard British Film Awards; Star Wars: The Interviews with the Cast (1999) e Gangs of New York (2002).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Ballymena