negociante
negociante
(< lat negotĭante)
-
adx e s
Que ou quen negocia.
Ex: As partes negociantes non se puxeron de acordo. Houbo unha reunión cos negociantes da empresa.
-
adx e s
Que ou quen se dedica profesionalmente a unha actividade comercial.
Ex: É unha empresa negociante de maquinaria agrícola. Quere falar contigo o negociante do outro día.
Sinónimos: comerciante. -
adx e s
Que ou quen posúe habilidade e astucia para facer negocios e tirar o máximo beneficio posible. OBS: Nesta acepción pode utilízarse a forma flexionada negocianta para o feminino.
Ex: Sempre foi moi negociante. Estás feita ti unha boa negocianta!