Neher, Erwin
Neher, Erwin
Físico alemán. Entre as súas actividades destacan as investigacións realizadas no Instituto Psiquiátrico Max Planck en Múnic e no Departamento de Química Biofísica do mesmo instituto en Göttingen, onde en 1983 foi nomeado director do Departamento de Biofísica de Membranas. Recibiu o Premio Nobel de Fisioloxía ou Medicina (1991), compartido con B. Sakmann, polos seus estudos de bioloxía celular, que contribuíron á comprensión de diferentes mecanismos patolóxicos e ao desenvolvemento de diversos medicamentos.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Landsberg