Neira Cruz, Xosé Antonio
Xornalista e escritor. Licenciado en Filoloxía Italiana e doutor en Ciencias da Información, foi director da revista Fadamorgana e da área infantil e xuvenil da editorial Galaxia, así como das súas coleccións Árbore e Costa Oeste. Foi tamén coordinador literario de Tambre-Edelvives e das súas coleccións Ala Delta e Catavento ata 2003, e vicepresidente de Gálix. Autor de novelas, contos, artigos e estudos, publicou Ao outro lado do sumidoiro (1989, Premio Merlín 1988), Melanio e os paxaros (1990), Valdemuller (1998, Premio O Barco de Vapor), Os ollos do tangaleirón (1999, Premio O Barco de Vapor), As cousas claras (2000, Premio Merlín), A caixa do tesouro (2001), O home máis rico do mundo (2002) e O armiño dorme (2003). Membro do International Board on Books for Young People (IBBY), é autor da serie de biografías de persoeiros galegos “Así viviu”.
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Santiago de Compostela