Neixón, O
Neixón, O
Conxunto de dous castros (Neixón Grande e Neixón Pequeno) situados en Boiro. Datados entre a Idade dos Metais e as invasións romanas (ss VIII a C -IV), entre os restos atopados destacan anacos de vasilla, muíños de man, varias vivendas e murallas de protección. Nos seus arredores atópase o Centro Arqueolóxico do Barbanza.