Nekao II
Nekao II
Rei de Exipto (610-595 a C), segundo faraón da dinastía XXVI ou saíta (664-525 a C) e fillo de Psamético I. Intentou restablecer o dominio exipcio en Siria e en Palestina valéndose de mercenarios gregos. En 606-605 a C os exipcios controlaban Palestina, a costa fenicia e unha parte de Siria, pero a vitoria de Nabucodonosor II en Karkemish (605 a C) puxo fin á política expansionista do faraón en Asia.
Cronoloxía
-
Deceso
Lugar : VI a C -
Nacemento
Lugar : Exipto