nemertino -na

nemertino -na

(< lat científico Nemertes)

  1. adx

    Relativo ou pertencente aos nemertinos.

  2. s m [ANIMAL]

    Metazoo do filo dos nemertinos.

  3. s m pl [ANIMAL]

    Filo de animais metazoos triploblásticos que se caracterizan basicamente pola posesión dunha trompa ou probóscide retráctil de lonxitude máis ou menos igual ao resto do corpo do animal. A lonxitude do corpo é moi variable, posto que vai desde algúns milímetros ata os 20 m ou máis, pero non sobrepasa nunca os 10 mm de anchura. Son carnívoros e cazan as presas coa trompa. Case todos son mariños; algúns habitan en augas doces ou ben na terra húmida, e poucas especies son parasitas. A clasificación baséase na posición dos cordóns nerviosos respecto á parede do corpo, e tamén segundo a trompa sexa armada ou inerme, así, resultan as clases anoploides ou anoplas (inermes) e enoploides ou enoplas (armadas).

Palabras veciñas

Nemenzo | nemeo -a | nemertes | nemertino -na | Nemes Lampérth, József | Némese | Nemesia