Netanya

Netanya

Cidade de Israel, situada na costa mediterránea ao N de Tel-Aviv-Yafō (154.900 h [1998]). Fundada en 1928, as sucesivas inmigracións xudías ampliárona e déronlle carácter urbano. Orixinariamente dedicada ao cultivo de cítricos, é un centro de talla e puído de diamantes, unha das principais industrias do país.