Neue Sachlichkeit
Neue Sachlichkeit
Nome científico:
[Nova obxectividade]
Corrente pictórica alemá que se desenvolveu durante a República de Weimar (1918-1933), que significou un retorno ao realismo, froito da resignación e do cinismo propios do período de entreguerras. Contrario ao espiritualismo e á abstracción, os seus integrantes manifestaron a súa imposibilidade para eludir a crueldade e a dureza que viviron durante a Primeira Guerra Mundial, e desenvolveron na súa obra un labor de crítica social. Os seus representantes máis destacados foron George Grosz, Christian Schad e Carl Grossberg no foco berlinés, Otto Dix en Dresden e Hans Mertens en Hannover.