neurona
(< grνευρον ‘nervio’)
Célula do tecido nervioso, de orixe ectodérmica que se orixina por diferenciación do neuroblasto. Está formada por un corpo celular onde se atopan os gránulos de Nissl, as neurofibrilas e un núcleo. Do corpo xorden as dendritas, curtas e ramificadas, e o axón, que está envolto na vaíña de mielina e que remata en ramificacións independentes que entran en contacto con outro corpo neuronal, cun órgano efector ou con prolongacións dendríticas doutra neurona. As neuronas conducen impulsos nerviosos e poden ser aferentes ou sensitivas, que portan ao sistema nervioso central os impulsos do exterior e do mesmo organismo ou eferentes ou motoras, que transmiten as ordes do cerebro aos órganos efectores. OBS: Tamén se denomina neurocito.