neuroquímica

neuroquímica

(< neuro- + química)

s f [BIOQ]

Rama da bioquímica que se encarga do estudo das substancias químicas que interveñen nas reaccións nerviosas responsables da transmisión do impulso nervioso. Estuda a interacción que se produce entre os distintos neurotransmisores, así como a acción protectora que diferentes substancias teñen sobre os efectos neurotóxicos que se producen en distintas condicións fisiolóxicas e toxicolóxicas.