neutralización

neutralización

(< neutralizar)

  1. s f

    Acción e efecto de neutralizar.

  2. s f [LING]

    Perda da oposición entre dúas entidades lingüísticas nun contexto dado. En fonoloxía o fenómeno prodúcese cando a oposición deixa de ser distintiva entre dous ou máis fonemas. Na posición de neutralización aparece un arquifonema, é dicir, unha unidade constituída por trazos comúns a todos os fonemas. Así en galego, a oposición entre /r/ e /ɾ/ desaparece en posición implosiva.

  3. s f [QUÍM]

    Reacción dun ácido cunha base en cantidades equivalentes, que son a base dunha parte importante da volumetría.

  4. s f [TECNOL]

    Método que se emprega para contrarrestar a retroacción positiva nun amplificador de tubos ou de transistores, que pode producir oscilacións indesexadas de alta frecuencia a causa das capacidades parasitas reixa-ánodo e base-colector.

Palabras veciñas

neutralista | neutralizábel | neutralizable | neutralización | neutralizador -ra | neutralizante | neutralizar