Newark

Newark

Cidade do estado de New Jersey, EE UU, situada na desembocadura do río Paissac, á beira da baía de Newark (273.546 h [2000]). Forma parte da área metropolitana de Nova York e é un centro comercial e industrial activo.