News Chronicle, The

News Chronicle, The

Diario británico fundado en 1930 como resultado da fusión do Daily News, aparecido en 1846, e o Daily Chronicle, fundado en 1872 por Edward Lloyd. Cesou en 1960. Robert Donald fíxose cargo del en 1904 e converteuno nun dos máis relevantes na Primeira Guerra Mundial. Caracterizouse pola súa tendencia liberal e o seu apoio ao bando republicano durante a Guerra Civil Española, en que foron os seus correspondentes o escritor Arthur Koestler e o xornalista Jay Allen.