Nguyen That Thanh

Nguyen That Thanh

Revolucionario e político vietnamita. En 1917 cambiou o seu nome polo de Nguyen Ai Quoc e en 1942 polo de Hô Chí Minh. Fundou en Hong Kong o partido comunista indochinés e foi encarcerado polos británicos (1930). Posteriormente organizou en China a Liga Vietnamita para a Independencia (Viet-minh) e opúxose á ocupación xaponesa, pero foi apresado pola autoridades chinesas (1942-1943). Trasladado a Tonquín, organizou a guerrilla e, despois de aceptar a rendición xaponesa, ordenou a insurrección xeral e proclamou a República Democrática de Vietnam en Hanoi. Iniciadas as negociacións (1945) con Francia para o recoñecemento do novo estado dentro da Unión Francesa, estas fracasaron e comezaron as hostilidades (decembro de 1946), que remataron en 1954 coa partición de Vietnam. Elixido presidente da República Democrática de Vietnam, iniciou a revolución socialista en Vietnam do Norte e traballou pola unificación dos dous Vietnams.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Kim Lien

  • Deceso

    Lugar : Hanoi