Nicaragua, lago de
Nicaragua, lago de
Lago do SO de Nicaragua (8.430 km2) que constitúe a conca lacustre máis grande de América Central. Ocupa unha parte dunha depresión de orixe tectónica que sufriu movementos de submersión en tempos xeolóxicos recentes, acompañados dunha notable actividade volcánica. Comprende as illas Ometepe, Zapatera, Solentiname e o arquipélago de Isletas.