nicaraguano -na

nicaraguano -na

(

  1. adx

    Relativo ou pertencente a Nicaragua ou aos seus habitantes.

  2. s

    Natural ou habitante de Nicaragua.

  3. literatura nicaraguana [LIT]

    Literatura en castelán producida en Nicaragua. Despois da independencia do país, a literatura desenvolveuse sen autores destacados, ata  Rubén Darío, con quen se iniciou unha corrente literaria modernista. No segundo cuarto do s XX apareceu un movemento de vangarda seguidor de Rimbaud, Lautréamont e o surrealismo (J. Coronel Urtecho, L. Alberto Cabrales) que produciu os grupos das revistas Vanguardia e Cuadernos del taller San Lucas (P. Antonio Cuadra, A. Ordóñez, J. Passos). Cara á metade da década de 1950 destacaron os poetas E. Mejía Sánchez, C. Martínez e, fundamentalmente, Ernesto Cardenal, aos que se uniron J. Eduardo Arellano, L. Rugama, Roberto Cuadra, F. Valle, Y. Blanco, O. Robleto e G. Belli. A narrativa mantivo a tradición realista e costumista con H. Robleto, A. Calero e J. Román. En teatro destacaron a finais da década de 1970 A. Ycaza, H. Peña, R. Steiner e E. Fernández Morales. Na década de 1990, cómpre salientar o labor dos narradores Gioconda Belli, autora de Waslala (1997), e Sergio Ramírez, quen escribiu Un baile de máscaras (1995).