Nicolao/Nicolasa
Nicolao/Nicolasa
[ONOM]
Antropónimo que procede do nome persoal grego Nikoláos ‘vencedor entre o pobo’, do verbo nikáo ‘vencer’ e laós ‘pobo’. Pasou ao latín como Nicolaus. Presenta as variantes Nicolau, Nicolás e Colás e os hipocorísticos Nico e Colao. San Nicolao é titular de 9 parroquias. A súa festividade celébrase o 6 de decembro (o de Mira e Bari) e o 10 de setembro (o de Tolentino).