Nicolao
Nicolao
Escultor italiano. O seu estilo, que recibiu influencia da arte bizantina e da languedociana, emprega formas alongadas e pesadas, pero subliñando o movemento. Traballou na catedral de Ferrara (1135?) e no pórtico de San Zeno di Verona (1140).