Niemeyer, Oscar Soares Filho

Niemeyer, Oscar Soares Filho

Arquitecto. Iniciouse con Lucio Costa, a quen sucedeu na dirección da construción do Ministério de Educação de Rio de Janeiro (1937-1945). A súa obra oscilou entre as formulacións funcionalistas e un formulismo a miúdo cargado de símbolos. Juscelino Kubitschek encargoulle un conxunto de edificacións na beira da lagoa da Pampulha (1942) e os edificios representativos e públicos de Brasilia (1956-1961), como o Palácio da Alvorada (1957) e a Catedral Metropolitana (1958). A mediados da década de 1960 exiliouse a causa da súa militancia comunista. Fixo os planos da Universidade de Haifa e traballou tamén en Alxeria e Francia. Cando regresou a Brasil realizou, entre outras obras, o Museo de Arte Contemporânea de Niterói (1991). En 1988 recibiu o Premio Pritzker de Arquitectura e un ano despois o Premio Príncipe de Asturias das Artes.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Rio de Janeiro