Nifo, Agostino
Nifo, Agostino
Filósofo italiano. Defendeu nun primeiro momento un averroísmo moderado, reflectido en De intellectu et daemonibus (1492), pero mudou a súa filosofía cara ao tomismo coa obra De immortalitate animae (1518). Comentou a Aristóteles, plaxiou Il principe de Maquiavelo na súa obra De regnandi peritia (1523) e ocupouse de problemas económicos, desde un punto de vista moral, en De divitiis (1531).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Sessa Aurunca, Campania -
Deceso
Lugar : Salerno