Nigrán, pazo abacial de
Nigrán, pazo abacial de
Construción situada en Nigrán. Datada no s XVII, trátase dun edificio con planta en forma de L e escaleira no ángulo. Conta con patio interior e solaina na fachada sur. Experimentou reformas a finais do s XX, en que se engadiu unha galería nova na fachada lateral.