nimbo
nimbo
(
-
s
m
[METEOR]
Nube baixa, escura e uniforme, con beiras riscadas, da que só cae choiva ou neve.
-
s
m
[ARTE]
Círculo luminoso que en escultura e pintura se coloca detrás da cabeza dos personaxes sagrados. Pode adoptar tamén a forma triangular, raiada, crucífera ou oval e estar adornado con orlas e festóns. As civilizacións da Antigüidade usaron o nimbo para significar a potencia e a maxestade dos personaxes. Os cristiáns aplicaron, desde o s IV, o nimbo de forma circular para representar a santidade.
-
s
m
[ASTRON]
Círculo luminoso que rodea algúns astros.