nitropropano

nitropropano

(< nitro- + propano)

s m [QUÍM]

Derivado nitrado do propano que segundo a posición do grupo nitro, hai o 1-nitropropano, CH3CH2CH2NO2, ou o 2-nitropropano, CH3CH(NO2)CH3. O primeiro emprégase como disolvente da celulosa, de resinas vinílicas, lacas, caucho sintético, aceites e graxas, e o 2-nitropropano é soluble nalgúns disolventes orgánicos.

Palabras veciñas

nitrómetro | nitrona | nitronio | nitropropano | nitroprusiato | nitros(o)- | nitrosación