nitrosación

nitrosación
s f [QUÍM]

Reacción pola que un átomo de hidróxeno dunha molécula orgánica é substituído polo grupo -NO. O NO pode fixarse sobre os metais nacentes que producen polos compostos organomagnésicos e dar, como subprodutos, derivados nitrosados orgánicos. As substancias máis doadas de nitrosar son os fenois, as aminas secundarias e as iminas, e os seus axentes máis usuais son o peróxido de nitróxeno dímero N2O4, o ácido nitroso HNO2 e os nitritos MNO2.