nitroso -sa
nitroso -sa
-
adx
[XEOL]
Que contén nitro.
-
adx
[QUÍM]
Aplícase aos compostos de nitróxeno en que este ten unha valencia máis baixa ca nos denominados nítricos.
-
adx
[QUÍM]
Aplícase á disolución de ácido sulfúrico concentrado e óxidos de nitróxeno, constituída principalmente por ácido nitrosilsulfúrico, que é un produto intermediario da obtención do ácido sulfúrico no método das cámaras de chumbo.
-
ácido nitroso
[QUÍM]
Oxiácido do nitróxeno, apreciable en solucións frías e moi diluídas, que está formado pola acción de ácidos fortes sobre nitritos inorgánicos. Descomponse segundo a reacción 3HNO 2 D HNO 3 + 2NO + H 2 O e emprégase para a preparación de colorantes azoicos.
-
anhídrido nitroso
[QUÍM]
óxido de nitróxeno (III).
-
óxido nitroso
[QUÍM]
óxido de dinitróxeno.