nitruro
nitruro
(< nitr- + 2 -uro)
s
m
[QUÍM]
Cada unha das combinacións binarias do nitróxeno cun metal ou cun non metal. Son moi numerosos e non se atopan en estado natural, agás o nitruro de titanio, que foi detectado nos meteoritos. Obtéñense por unión directa do metal e o nitróxeno ou pola reacción de obtención Al2O3 + 3C + N2 D 2AlN + 3CO, que se denomina proceso industrial Serpek, e que emprega o nitróxeno do aire. A estabilidade e a reactividade dos nitruros son moi variables; así, Hg3N2 e BiN descompóñense con explosión, mentres que os de boro, silicio, titanio, circonio, vanadio e molibdeno son uns dos compostos máis dificilmente fusibles. Os nitruros de titanio, circonio e tántalo empréganse como abrasivos e na fabricación de plumas para estilográficas.