nitruración
nitruración
(
s
f
[IND]
Proceso de cementación ao que son sometidas as aliaxes de ferro, especialmente os aceiros, para endurecelos superficialmente e aumentar a resistencia á corrosión. Consiste en expor as pezas que se queren tratar á acción dunha corrente de amoníaco no interior dun forno a uns 500-550°C, que a esta temperatura se disocia, en contacto co ferro, en hidróxeno e nitróxeno, e este, por difusión na superficie da aliaxe, forma nitruros de ferro e dos outros metais que están presentes, de gran dureza.