nivel

nivel

(< occit nivel)

    1. s m [METROL]

      Grao de elevación dunha liña, dunha superficie dun fluído ou dun plano con respecto a outro horizontal e paralelo.

    2. nivel de enerxía [FÍS]

      Concepto físico ideado por N. Bohr para explicar o espectro de emisión do átomo de hidróxeno. Consiste en atribuírlles ás partículas elementais ligadas a un sistema atómico ou nuclear uns estados enerxéticos que caractericen o seu comportamento cando hai intercambios de enerxía co exterior do sistema.

    3. nivel de servizo [TRANSP]

      aloración de circulación dunha vía nun momento determinado cuxo principal criterio de valoración é o tempo necesario para percorrer un tramo determinado.

    4. nivel de voo [AERON]

      Cada unha das capas do espazo aéreo, separadas entre elas 100 pés e referidas á presión atmosférica estándar, polas que se realiza a circulación aérea.

    5. nivel estrutural [XEOL]

      Zona da codia terrestre que, polas súas condicións xeolóxicas, presenta un tipo de deformación diferente das zonas inferior e superior.

    6. nivel hidrostático [IND]

      Altura que, ao perforar un pozo sobre o xacemento dun fluído, acada o fluído no pozo sen ningunha axuda exterior.

    7. nivel piezométrico [XEOL]

      Nivel virtual de auga subterránea. Se se trata dun acuífero libre, este nivel coincide co do manto freático; e se é cativo, o nivel é o do punto máis alto e, polo tanto, se se fura o manto cativo, a auga empuxa ata acadar este nivel virtual, que pode situarse por riba da topografía (pozo artesiano).

    8. nivel trófico [BIOL]

      Cada un dos elos dunha cadea alimentaria. O nivel produtor do ecosistema son as plantas verdes; os outros niveis (herbívoros e carnívoros) son consumidores.

    1. s m

      Grao de desenvolvemento ou de calidade dunha cousa respecto dun punto de referencia.

    2. nivel de lingua [LING]

      ariedade de lingua que é característica dun estrato social, dunha determinada especialización ou dun grao de formalidade concreto. A teoría do rexistro puxo de relevo a inadecuación deste termo que procede da lingüística francesa, polo feito de que presenta como nunha mesma gradación unidimensional variedades que son dialectos sociais propios dun grupo, como é o caso do caló e das variedades de carácter funcional, que son froito da influencia de factores situacionais diversos.

    3. nivel de prezos [ECON]

      Índice representativo da variación dos prezos respecto aos dun ano que se toma como base na economía dun país. As variacións do nivel de prezos dentro dun período de tempo e nun mercado determinado denomínase inflación, cando se eleva, e deflación cando diminúe.

    4. nivel de subsistencia [ECON]

      Cantidade de bens e servizos que, desde un punto de vista histórico, se consideran como o mínimo necesario para o sostemento e a reprodución da forza de traballo. Segundo os autores clásicos, a consideración de que a parte de produto que lle correspondía á retribución do traballo dependía directamente do nivel de subsistencia en cada momento histórico, atópase na base de todas as súas argumentacións.

    5. nivel de vida [ECON]

      Cantidade de bens e servizos que se poden adquirir coa renda media dun grupo ou dunha clase social determinados. Os elementos que a miúdo se poñen en relación para definilo son, por unha banda, os monetarios e, pola outra, elementos non monetarios para evitar a incidencia variante da evolución dos prezos dos diferentes produtos. Entre os índices deste segundo tipo os máis empregados son o número de calorías consumidas por persoa e día, o número de kW, o índice de mortalidade infantil, o número de prazas escolares e o número de vehículos.

    6. nivel mental [PSIC]

      Grao de capacidade e funcionamento intelectual que amosa o desenvolvemento cuantitativo e cualitativo da intelixencia. Un nivel mental equilibrado comporta unha evolución paralela entre o crecemento fisiolóxico e o intelectual, e depende de factores constitucionais, socioeconómicos e culturais.

  1. s m [TECNOL]

    Instrumento que permite comprobar ou establecer a horizontalidade dunha liña ou dunha superficie ou determinar a diferenza de altura entre dous puntos. O nivel máis sinxelo é o nivel de paleta ou de escuadro, que consite nun escuadro de madeira ou metálico, unha travesa que xunta os dous paus e un chumbo suspendido no seu ángulo. Cando o cordel do chumbo coincide cun sinal feito previamente no punto medio da travesa, a superficie sobre a que repousan os pés do nivel é horizontal. Foi substituído polo nivel de burbulla ou de aire, que consiste nun cano de vidro, lixeiramente arqueado, de sección uniforme, pechado e case cheo dun líquido, de xeito que só quede un pequeno volume ocupado por unha burbulla de aire, que vai montado enriba dun soporte, de base totalmente chá. Cando a burbulla ocupa o espazo limitado por dous sinais gravados, a superficie sobre a que repousa o nivel é horizontal. Co fin de trazar liñas horizontais entre puntos separados empregouse o nivel de auga, que consiste nun cano metálico, que remata nos extremos en dous canos de vidro que se curvan ata se volver verticais. Co cano cheo de auga, a liña que xunta as superficies superiores que o líquido presenta nos canos pódese empregar para trazar liñas horizontais. Para a determinación da horizontalidade dos terreos, empréganse, basicamente, o nivel de anteollo e o nivel automático. O nivel de anteollo consiste nun anteollo terrestre disposto paralelamente a un nivel de burbulla, de xeito que cando este indica a horizontalidade do instrumento, o anteollo fornece unha liña de mira tamén horizontal. Nestas condicións, o anteollo visa un punto de regra graduado ou mira situado no punto do terreo que se mide. Este sinal é unha indicación da altura relativa do punto do terreo en cuestión. No nivel automático, que é unha modificación do nivel de anteollo, non cómpre investir tempo en facer inicialmente unha nivelación precisa do instrumento, xa que o eixe óptico se pon automaticamente horizontal, grazas a un sistema compensador.

  2. s m

    Situación ou posición que alguén ocupa na xerarquía social.

  3. s m [LING]

    Sistema que se basea nun conxunto de elementos primarios mínimos como un alfabeto e a operación de concatenación, seguindo a teoría das álxebras concatenatorias, na gramática transformacional. Adóitanse distinguir sistemas fonemáticos e morfofonemáticos, sintagmáticos e transformacionais.

    1. s m [METROL]

      Grao de intensidade ou de potencia dunha magnitude.

    2. s m [FÍS]

      Expresión do valor dunha magnitude variable (tensión, corrente ou potencia) con relación a un valor de referencia fixado arbitrariamente, que adoita expresarse en dB ou en Np.

    3. nivel sonoro/de sensación sonora [FÍS]

      Intensidade da sensación dun son que se mide en fons.

Palabras veciñas

Nivardo | Nivardo, san | Niveiro | nivel | nivelábel | nivelable | nivelación