nivelación

nivelación

(< nivelar)

  1. adx

    Acción e efecto de nivelar ou nivelarse.

  2. [XEOG]
    1. s f

      Conxunto de operacións que se realizan para atopar as diferenzas de altitude entre dous puntos ou máis do terreo, con relación a un plano de referencia horizontal.

    2. nivelación barométrica

      Nivelación que indica a altitude dos puntos en función dos valores de presión atmosférica que cada un soporta. É o método menos preciso, e só se emprega cando non se pode recorrer a ningún outro.

    3. nivelación composta

      Nivelación, referida a un mesmo plano de comparación, que se determina cando se utilizan dúas ou máis estacións. O mellor método de nivelación composta é o de nivelación recíproca, que consiste en facer a lectura desde un primeiro punto coa mira posta sobre un segundo e viceversa. A altura do aparato determínase nos dous puntos e a diferenza de altitude obtense da conxugación entre estes valores e as lecturas feitas. Por este método elimínanse os erros instrumentais e os erros a causa da esfericidade da Terra e da refracción da luz.

    4. nivelación simple

      Nivelación referida a un mesmo plano de comparación, que se mide por medio dunha soa estación do aparato. O mellor método de nivelación simple é o método do punto medio, que se realiza coa colocación do aparato sobre a aliñación AB que forman os dous puntos e á mesma distancia de ambos os dous. Ao facer a lectura das dúas miras, colocadas unha en cada punto, é máis alta aquela en que a lectura é menor, e a diferenza de altitude é a das lecturas: Z = L<J>A</J> - L<J>B</J>. Por este método anúlanse automaticamente os erros instrumentais e os que producen a esfericidade da Terra e a refracción da luz. No método do punto extremo, menos preciso que o anterior, colócase o aparato nun dos puntos e a mira noutro, mídese a altura do aparato e faise a lectura da mira. A resta destes dous valores corresponde á diferenza de altitude entre os dous puntos.

    5. nivelación trigonométrica

      Nivelación en que se dirixen visuais inclinadas ás miras que se colocan nos puntos que se nivela. Mídese o ángulo que forma a visual co horizontal e determínase a diferenza de altitude resolvendo o triángulo rectángulo formado en cada lectura. Este método segue en precisión e en uso á nivelación xeométrica, e os aparatos que se utilizan son o clisímetro e o eclímetro.

    6. nivelación xeométrica

      Nivelación en que se encontra a diferenza de altitude entre dous puntos que dirixe visuais horizontais ás miras colocadas nos puntos respectivos. A diferenza das lecturas feitas dá o desnivel existente. É o método máis empregado e o máis preciso que existe.

Palabras veciñas

nivel | nivelábel | nivelable | nivelación | nivelador -ra | niveladora | nivelar