niveladora
niveladora
(< nivelar)
s
f
[CONSTR/ENX]
Máquina de obras públicas que se utiliza para dar a forma definitiva a unha superficie dun terreo ou deixalo a punto, despois de compactalo, para recibir o pavimento. Son vehículos autopropulsados sobre pneumáticos, que están provistos dunha folla que mediante dispositivos hidráulicos pode ser desprazada de banda a banda do vehículo, pode subir e baixar, e ser orientada a calquera ángulo para arrancar a terra ou espallar os materiais soltos.