Nixon, Richard Milhous

Nixon, Richard Milhous

Político e xurista estadounidense. Foi deputado republicano por California en 1946, senador en 1950 e acadou a vicepresidencia (1953-1961) na administración de D. Eisenhower. En 1968 foi elixido presidente e, novamente en 1972. En política exterior intensificou a Guerra de Vietnam, pero a opinión pública interna e mundial e a imposibilidade dunha vitoria clara, obrigárono a retirar as forzas estadounidenses (1973). En política interior, a persistencia da inflación obrigouno, desde 1971, a tomar medidas de control sobre os prezos e os salarios e a desvalorizar o dólar. Foi o primeiro presidente estadounidense dimisionario a raíz do caso Watergate (1974). Publicou The Memoirs of Richard Nixon (1978).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Yorba Linda, California

  • Deceso

    Lugar : Nova York