Niza

Niza

Capital do departamento de Alpes Marítimos situada na rexión de Provenza-Alpes-Costa Azul, Francia (342.738 h [1999]). É a cidade principal da Costa Azul, que está situada na pequena chaira de Paillon, entre as costas de Var, ao O, e as colinas de Cimiez, ao L. O seu clima temperado e a súa situación xeográfica, favoreceron o seu desenvolvemento turístico, que se iniciou a mediados do s XIX e que se converteu nunha das estacións turísticas máis coñecidas do mundo. Fundada polos focenses de Massalia sobre o s V a C, en 729 recibiu os sarracenos, que a ocuparon en 859 e en 880. Evitou o dominio dos franceses e o do Imperio, pero no s XII pasou ao da Coroa de Aragón. En 1338 púxose baixo a protección do condado de Savoia e o Rei Francisco I de Francia ocupouna aliado cos turcos en 1543. Invadida de novo por Francia en 1600, en 1696 volveu a Savoia. En 1793 anexionouna Francia pero en 1814 pasou a Piemonte, que lla cedeu aos franceses definitivamente en 1860. Destaca o Musée de Beaux Arts Jules Chéret e os de H. Matisse e Marc Chagall.